Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro esixe o mantemento da oficina do Banco Pastor en Covas

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO grupo municipal do PP de Viveiro presenta unha moción sobre o mantemento en funcionamento da oficina do Banco Pastor en Covas.

Fai uns días os clientes do Banco Pastor da oficina da rúa Suasbarras da parroquia de Covas, tiveron coñecemento a través da dirección do Banco Pastor do Grupo do Banco Popular e polo medio dunha carta do peche o vindeiro 18 de xuño desta sucursal que significa que o servizo que prestaba a oficina desaparecerá.

Este feito provocará que moitos clientes desta zona e doutras próximas se vexan obrigados a operar na sucursal máis cercana, que neste caso é a do Banco Pastor-Viveiro, coas conseguintes molestias, sobre todo para aqueles veciños de idade máis avanzada e que teñen unha maior dificultade para desprazarse ata a oficina de Viveiro.

O anuncio do peche desta oficina en Covas, tería unha repercusión veciñal menor se nesta parroquia existisen outras sucursais bancarias, o que polo momento non é o caso, polo que o seu traslado vai ocasionar molestias a moitos clientes, en especial como apuntamos anteriormente a aquelas persoas maiores, así coma ós pequenos e medianos empresarios do sector da hostelería , comercio, perruquerías, etc, de gran importancia nesta parroquia.

O Banco Pastor leva dende o año 1981, ou sexa 33 anos, no nº 3 da rúa Suasbarras en Covas, con aproximadamente uns mil clientes, incluíndo tamén unha ampla zona comercial desta parroquia que na actualidade ten un censo aproximado de 4.000 veciños, o que se multiplica no verán. Pero estes datos pouco parecen importar ó Banco Pastor e o poderoso Grupo do Banco Popular á vista dla decisión adoptada.

Ante esta situación o Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro solicita do Pleno o seguinte acordo:

1. Instar e facultar á Sra. Alcadesa, para que realice todas as xestións oportunas e necesarias, para intentar evitar, na medida do posible, o peche de dita oficina.

Exit mobile version