Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro presenta ó Pleno mocións para a limpeza das zonas de “botellón” e a legalización da licenza anómala outorgada en outubro do 2009

Viveiro conta con innumerables espazos de gran valor histórico-artístico e patrimonial e en consecuencia de gran interese turístico para os visitantes da nosa cidade coma o Casco Histórico, a Igrexa de Sta. María e os seus arredores, a Porta de Carlos V e a Praza Maior ou a igrexa de San Francisco.

Pero, nos últimos tempos, as noites de fin de semana ou véspera de festivos véñense producindo o que se chama “botellón” en moitas destas zonas, polo que estes espazos públicos ofrecen á mañá seguinte “un aspecto lamentable”.

Por iso, o grupo municipal popular presenta unha moción pedindo que se tomen as medidas necesarias para asegurar que estos espacios se encuentren perfectamente limpios á mañá seguinte de producirse estos eventos.

Vestas
“O Partido Popular de Viveiro, ó igual que, supoñemos, o resto de grupos municipais, está preocupado polas consecuencias que pode acarrear para a empresa Vestas e os seus traballadores, así como para a colectividade en xeral, ó serlle outorgada unha licenza con informes técnicos e xurídicos negativos na Xunta de Goberno Local de 01-10-2009”.

“É moi probable que esta licenza sexa anulada polas autoridades xudiciais, o que acarreará tanto ó Concello coma á empresa consecuencias imprevisibles”, aseguran dende o PP, que “consciente do daño irreparable que unha actitude de pasividade pode acarrear ó municipio, realizou ante os organismos correspondentes da Xunta de Galicia unha serie de xestións en aras a dar solución legal ás naves de ampliación construídas por Vestas”.

Nese sentido, os populares propoñen ó Pleno a aprobación de instar ó goberno municipal para que realice a tramitación do Plan de Sectorización que legalice a anómala situación da licenza outorgada o 1-10-2009.

Por outra banda, o grupo municipal popular de Viveiro propón ó Pleno varias preguntas:

– Ten previsto o equipo de goberno a reparación da estrada que vai dende a Casa da Mina a Lavandeira na parroquia de Vieiro?

– Ten previsto o equipo de goberno a limpeza e recuperación do Camiño de Montillos en Area-Faro?

– Está prevista a reparación da estrada que une Aldea con Faro, na parroquia de Area?

– En caso afirmativo, para cando está prevista a realización desta actuación?

Exit mobile version