Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP do Valadouro urxe á Deputación que repare os tramos sen arranxar da C.P. 0101 de Gontán a Ferreira

ppvaladouro-estradaO Valadouro 7 de maio de 2014.- O Partido Popular do Valadouro urxe á Deputación Provincial de Lugo como titular da estrada C.P.0101 de Gontán a Ferreira que realice as labores de acondicionamento dos tramos da referida vía que están sen arranxar.

Así o anunciou hoxe o presidente dos populares locais, José Manuel Lamela, que xunto coa deputada provincial, Elena Candia, e os deputados, Jesús Novo e José Manuel Yanes Ginzo, visitaron a estrada.

Lamela explicou que o seu grupo rexistrará un rogo no Concello co obxecto de que a corporación municipal se dirixa á administración provincial e ao seu responsable, o socialista, José Ramón Gómez Besteiro, para que realice os acometidos necesarios nesta estrada.

Os populares trasladan esta petición ao terse en conta a importancia desta estrada para a parroquia do Cadramón, ao converterse no principal nexo de comunicación entre este núcleo rural e os concellos de Abadín, Vilalba e polo tanto, coa capitalidade provincial.

Puntos de perigosidade

José Manuel Lamela explicou que os “parches que puxo a Deputación nos baches” non son suficientes, tendo en conta o mal estado que presenta o firme, principalmente no treito que limita con Abadín.

A maiores, os populares aseguran que na estrada se localizan puntos de inseguridade e polo tanto que conlevan un risco para os condutores. Lamela amósase crítico con que a Deputación non arranxe a ubicación na que se produciu un desplome de terras e pedras e o firme se veu abaixo.

C.P. 0101, exemplo do empeoramento da xestión das estradas
O presidente dos populares locais explica que esta estrada que comunica Abadín con Ferreira do Valadouro é un claro exemplo do empeoramento que se sufriu na xestión das estradas provinciais coa entrada do PSOE e do BNG no goberno da Deputación.

O popular asegura que a vía conta cun primeiro treito –á saída do Valadouro-, característico pola ser moi estreito e que foi arranxado polo actual goberno da Deputación. Estes primeiros quilómetros contrapóñense aos seguintes nos que anchea a estrada e mellora o seu trazado, froito dos acometidos que realizou nela o anterior goberno do Partido Popular na Deputación. Nos seguintes quilómetros cara Abadín apenas collen dous coches;- un feito que se lle debe ás pésimas actuacións no arranxo da estrada por parte do PSOE e do BNG-. Finalmente o último tramo é o que está sen adecuar.

Renuncia ó proxecto do PP
Neste mesmo senso, o popular reitera que entre os quilómetros 30 e 33 a estrada se caracteriza por un trazado estreito; que se lle debe as malas actuacións do goberno que preside José Ramón Gómez Besteiro.

Lamela explica que existía un proxecto que fora adxudicado na época do PP na Deputación de Lugo para adecuar este tramo, por un importe de 515.880 euros. Porén, segundo lamenta Lamela, os socialistas preferiron rescindir este contrato e pagarlle a empresa adxudicataria un total de 43.362,26 euros por devolución da fianza, abono do custe do Plan de Seguridade e Saúde, así como polo pago da indemnización; e deste xeito, optar por aglomerar este treito “non como estaba proxectado co PP, cun trazado máis ancho e en mellores condicións; senón botando simplemente aglomerado e volvendo máis estreita a plataforma”.

Exit mobile version