Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo agradece o apoio recibido o 25 M

A Secretaria de Organización PSdG-PSOE Ribadeo, Cristina Losas Soria, asegura que “dende a Agrupación Socialista de Ribadeo queremos dar as grazas ás 701 persoas do Concello de Ribadeo que o pasado domingo, depositaron a súa confianza no Partido Socialista nas Eleccións Europeas.

Tamén agradecer todos os militantes e simpatizantes que se involucran a diario e traballan sen esperar nada a cambio, mesmo nestes momentos difíciles. Grazas a cada un de vós por achegar o voso gran de area nesta campaña electoral e en todo o traballo diario. Pedímosvos que, tras os malos resultados obtidos, haxa máis unión, ilusión e traballo.

Para todos, votantes ou, non militantes ou simpatizantes, estamos á vosa enteira disposición para todo aquilo que necesitedes.”

Exit mobile version