Site icon Crónica3.com A Mariña

O Secretario Provincial dos Socialistas anuncia mobilizacións en diferentes Concellos da provincia en defensa dos partidos xudiciais

LUGO, 5 DE MAIO DE 2014.- Os Secretarios Xeral, de Política Municipal e de Medio Rural, Juan Carlos González Santín, Álvaro Santos e Horacio Rouco mantiveron este luns unha xuntanza cos alcaldes e voceiros do PSOE na que analizaron a supresión dos partidos xudiciais na provincia ao ser substituídos polos novos entes formulados polo anteproxecto da Lei Orgánica do Poder Xudicial do Goberno de Rajoy.

Na actualidade a provincia conta con nove circunscricións, que co novo mapa, quedarían reducidas unicamente á da capital, que asumiría máis de 36.000 casos. Para González Santín, este “novo recorte dos servizos públicos, repercute drasticamente aos cidadáns da provincia, afastándoos do dereito fundamental da tutela xudicial efectiva”, e por iso, insta ao Goberno Galego a apoiar a moción que os socialistas levarán ao pleno do Parlamento que comeza mañá martes, para esixir ao Goberno Central o mantemento dos 45 partidos xudiciais de Galicia

Nesta Xuntanza, o Secretario Provincial dos Socialistas de Lugo, puxo de manifesto “o paso atrás que supón o novo mapa xudicial que establece o anteproxecto da Lei Orgánica do Poder Xudicial”. Segundo explicou González Santín, “a cidadanía debe contar cunha xustiza próxima ao seu territorio que lle dea unha resposta efectiva e non discriminatoria como a que propón o Goberno Central”. “O cambio de lugar implicará, tamén, problemas para os profesionais da xustiza, ás entidades auxiliares e aos concellos, aínda que os máis prexudicados serán, sobre todo, os veciños”, subliñou.

Por todo isto, acordouse cos alcaldes e voceiros da provincia, promover unha serie de mobilizacións nos diferentes concellos afectados pola redución das circunscricións en defensa do mantemento dos partidos xudiciais, e en definitiva, en defensa do dereito da cidadanía a unha xustiza real.

Maiores gastos para os cidadáns
Este novo recorte de servizos públicos, súmase á lei de taxas instaurada polo Goberno, e que pola súa contía, supón un abuso e un factor restritivo para as persoas con menos recursos. Coa supresión dos partidos xudiciais, incrementaranse aínda máis os custos, ao ter que sumar os gastos por desprazamento, o que dificulta a defensa dos dereitos de todos os cidadáns e o seu acceso a unha tutela xudicial efectiva tal e como recolle o artigo 24.1 da Constitución Española. A cidadanía queda así baixo unha indefensión total por motivos económicos, primeiro polo establecemento das taxas e, agora, quitándolle os xulgados.

Segundo o novo modelo xudicial do Goberno, o 60% da poboación lucense quedaría a máis dunha hora do Xulgado de Lugo. Dun total de 227.705 habitantes pertencentes ás circunscripcións actuais, 137.465 estarán obrigados a facer este percorrido para poder chegar á capital.

O novo status dos concellos lucenses
Os Secretarios Xeral e de Organización analizaron cos alcaldes e voceiros do PSOE a pérdeda de status xudicial que supón para os concellos lucenses nos que se sitúan actualmente os partidos xudiciais. González Santín destacou que a perda das demarcacións xudiciais supón unha contradición coa realidade social, xa que afasta a xustiza da cidadanía e dos lugares onde se concentran as actividades económicas e laborais.

Os secretarios socialistas lembraron que a Lei actual de Demarcación e Pranta Xudicial, de 1.988, fixa que o partido xudicial debe contar cunha poboación mínima de 50.000 habitantes e que estos se atopen a 15 quilómetros dos xulgados. Pola contra, a futura normativa plantexa que as novas circunscripcións acollan a un mínimo de 100.000 persoas e que o traslado dende os núcleos de poboación ata a cabeceira de partido se amplíe a unha hora, a través das vías de comunicación existentes.

O novo planteamento suporá un investimento inxente para adecuar os edificios das cidades onde se estableza a cabeceira de partido, así como aumentar as dietas dos forenses, policías, gardas civís, etc. Por este motivo, Santín considera que esta iniciativa “é cara para o sistema e discriminatorio para os habitantes dos pobos. Se do que se trata é de mover os xulgados de sitio, o plan é ridículo e, lonxe de abaratar, xeramáiscustos. Se as testemuñas, peritos, partes e profesionais se teñen que desprazarmáislonxe, os cidadánssenten que tamén se despraza a propia Xustiza”.

Solicitude de entrevista cos Presidentes da Xunta e do Goberno
Os Alcaldes socialistas da provincia afectados pola supresión dos partidos xudiciais, é dicir, Viveiro, Becerreá e A Fonsagrada, solicitarán unha entrevista por escrito aos Presidentes da Xunta e do Goberno, así como ao Ministro de Xustiza para reclamar o mantemento destes órganos, xa que “a súa eliminación terá consecuencias moi graves para o desenvolvemento económico e social de ditos municipios”.

Exit mobile version