Site icon Crónica3.com A Mariña

O vibrafonista norteamericano Tony Miceli, este venres en Burela

Cartaz Tony Miceli Burela WorkshopBurela, 22 de maio de 2014.- O vibrafonista norteamericano Tony Miceli ofrecerá en Burela unha master-class de improvisación e un concerto este venres 23 de Maio de 2014. Tony Miceli está considerado como un dos mellores vibrafonistas do panorama internacional, e, durante esta semana está impartindo clases maxistrais en Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra, así como diferentes concertos. Este venres, será o turno de Burela, onde será o encargado de impartir o “II Workshop de Improvisación e Vibráfono” (organizado pola ASOCIACIÓN MARIÑA JAZZ e a ASOCIACIÓN PEDAGÓXICO-MUSICAL MAROSA JAZZ) xunto cos vibrafonistas galegos Ton Risco e Israel Arranz, que serán os profesores asistentes.

Posteriormente, ás 22:30 horas, ofrececerá un concerto no Hotel Nordés baixo a formación TONY MICELI TRIO.

Dende a ASOCIACIÓN MARIÑA JAZZ (AMAJAZZ) e a ASOCIACIÓN PEDAGÓXICO-MUSICAL MAROSA JAZZ convidamos a todos a acudir ao concerto para disfrutar deste virtuoso do vibráfono, e, asímesmo, informar que quedan as últimas prazas para acudir como alumno ao “II Workshop de Improvisación e Vibráfono” (www.seminariojazzburela.blogspot.com) para todos aqueles que esten interesados.

“Tony Miceli é un vibrafonista de asombroso virtuosismo, elasticidade musical e inventiva”
Vic Schermer, All About Jazz

Exit mobile version