Site icon Crónica3.com A Mariña

O xornalista Jenaro Castro será o pregoeiro das festas patronais de Burela entre o 23 de maio e o 3 de xuño

Burela, 14 de maio de 2014. O xornalista Jenaro Castro será o pregoeiro das festas patronais de Burela 2014. O programa foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello por varios membros da comisión organizadora, pola concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e polo alcalde José Mª González Barcia.

O programa de festexos desenvolverase do 23 de maio ao 3 de xuño. O día 23 terá lugar a festa de Cabo Verde na praza de abastos a partires das 20:00 horas. Para o 24 de maio está previsto o pregón que pronunciará o xornalista de TVE e colaborador doutros medios, Jenaro Castro, ás 19:30 horas na Casa da Cultura. Xa pola noite haberá a primeira verbena deste 2014 a cargo da orquestra Millenium. O 25 de maio celébrase o día do na praza do Concello e o día de África na praza de abastos.

Completan o programa infinidade de actividades deportivas e culturais. Polas verbenas de Burela pasarán tamén as orquestras Fania, Televisión, Jerusalén, Costa Oeste, Palladium, Aché, Cinema e Panorama.

A fin de semana grande dos festexos será a do 31 de maio. O sábado confeccionarase a alfombra floral a partires das 10 da mañá. Ás nove da noite haberá misa cantada pola Coral Polifónica de Burela na igrexa parroquial e posterior procesión da baixada da imaxe ao porto. O domingo, 1 de xuño, terá lugar a tradicional procesión marítima e o 3 de xuño haberá unha ofrenda floral no porto ás 12 do mediodía.
As festas patronais de Burela contan cun orzamento que rolda os 100.000 euros, “máis ou menos a mesma cifra que o ano pasado”, segundo sinalou a concelleira de Cultura, Mónica Pedre. A edil destacou “o traballo realizado pola comisión organizadora e a colaboración do Concello e do comercio da vila, que a pesares dos momentos que nos tocou vivir seguen a apoiar esta celebración para que Burela continúe a ter as festas que merece”.

Exit mobile version