O Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acollerá un obradoiro sobre a vida e obra de Díaz Castro organizado pola biblioteca pública municipal para conmemorar o Día das Letras Galegas. Será este xoves, día 15, ás doce do mediodía. Esta actividade leva por título Retratando a Díaz Castro e para a súa realización a biblioteca municipal focense conta coa colaboración da Consellería de Cultura, da Xunta de Galicia.