Site icon Crónica3.com A Mariña

Operadores turísticos do leste xantan no San Miguel de Ribadeo

130514 FOTO TURPOERADORES DEL ESTE EN RESTAURANTE SAN MIGUEL (1)O grupo de 30 operadores turísticos do Leste de Europa (23 rusos, 6 de Kazajistán, un de Uzbequistán e outro de Bielorrusia) que están visitando a provincia de Lugo estes días por iniciativa de Turismo de Galicia comeron este martes no restaurante San Miguel, de Ribadeo. O cociñeiro do restaurante San Miguel, José Ramón Rodríguez, preparoulles un menú composto por pastel de cabracho, pescada estilo Las Catedrales e crema xeada de oruxo galego. Os viños elixidos foron un ribeiro Antonio Montero e un valdeorras Joaquín Rebolledo. Ademais puideron disfrutar das espectaculares vistas da ría e do porto deportivo ribadense que hai dende o comedor principal do establecemento.

Exit mobile version