Site icon Crónica3.com A Mariña

Os 95 anos de Sor Paz

En 1951 ingresou na Comunidade do Asilo de Foz, e alí botou dez anos; a monxa máis carismática daquela institución:cc.Sor Paz Boan, monfortina, , enérxica e vitalista; xenerosa, sempre leda e activa; optimista; a entrega e agarimo ós vellos/as, era a súa divisa. Xove e goapa, lucia a fermosa voz no coro que dirixía, formado por monxas e rapaces/zas da veciñanza. Hai uns anos, cun feixe de amigos , fixemos unha viaxe á Ribeira Sacra; en Monforte suxerimos visitala naquel asilo, onde residía dende a súa estadía en Foz. idea abondp insólita pois un só dos compañeiros- focego- a coñecera; aceptado, alá nos fomos. De camiño íamos pensando en cal sería a súa saúde pois, se non a era xa, estaría moi preto de nonaxenaria Preguntamos por ela e resoou a través da megafonía: “ Sor Paz, espérana na porteiría”: . Nun intre, cara a nós, avanza unha monxa cunha vitalidade e disposición que nos resultaban coñecidas. Cando nos acercamos abrazámola ó tempo que preguntamos:”¿sabe quen son?”. Sorprendida, mirounos un anaco, e dixo: “ Ere-lo Susiño”, como nos decía na adolescencia.”¿Por qué me coñeeo?” “Polos ollos,,,”,. Facía 46 anos que nonos víamos… Saímos ó xardín, e alí falamos longo e tendido, preguntando por medio Foz, louvando ela a actitude dos focegos co asilo; dimos un repaso ás cantigas que nos ensinara no coro.e..ás mil anécdotas dos singulares e pintorescos asilados: O Mudo, Rabo de pega, Modesto, Atilano, Banderas,, Panamá, Balbina de Guerra, Primitivo, Manola e tantos outros que atoparan digno acubillo naquel asilo ,cos que o cronista, no tempos de mocidade, compartira veciñanza e amizade. .Ó despedírnos cunha fonda aperta, díxonos: “ ¡Fun feliz fun feliz toda a vida coidando vellos!” Xa o sabíamos, Polo xornal sabemos que a muller excepcional foi homenaxeada ó cumprir 95 anos. Unímonos afervoadamente a él e desexamos que siga cumprindo anos porque .á dona, amada polos doentes, quédanlle moitos sorrisos que repartir e moitas mágoas e padeceres, físicos e morais que aliviar. Hai medio século polo asilo de Foz pasara un anxo: era Sor Paz…

Suso Fernández

Exit mobile version