Site icon Crónica3.com A Mariña

Os mozos populares cifran en preto de trinta as actividades levadas a cabo en menos dun mes

Lugo 28 de maio de 2014. Intenso pero satisfactorio. Así describe o presidente de NNXX da provincia de Lugo, Daniel Vega o mes de maio. Un mes que non rematou, pero no que os mozos populares ven reducida a súa axenda.

O presidente provincial fixo balance este mércores dos actos levados a cabo nas últimas semanas e destacou as preto de trinta actividades levadas a cabo en menos dun mes.

Resaltou o popular as reunións coas agrupacións locais de NNXX de A Pastoriza, Cospeito, Barreiros, Foz, Mondoñedo e as preparatorias para constituír agrupacións locais nos concellos de Viveiro, A Pontenova, Palas de Rei, Chantada, Monforte de Lemos ou Monterroso.

Como actos destacables, o popular salientou o desenvolvido pola Escola de Formación “Manuel Fraga”, quen organizou una xornada o sábado 26 de abril, baixo o título de ” Fortes en Europa”, o gandeiro coa conseguinte visita á cooperativa ” Os Irmandiños” de Ribadeo, o sábado 10 de maio, a visita ao Real Club Náutico de Ribadeo e paseo en barca para coñecer a ría de Ribadeo.

DESPOIS DE UN RESPIRO, CONTINÚA A ACTIVIDADE
Con motivo da resaca electoral os mozos populares daranse unha tregua pero en moi pouco tempo comezarán a súa andaina.

Daniel Vega adiantou as vindeiras actividades que ten previsto levar a cabo a formación xuvenil, entre as que destacan, actos cos sectores pesqueiro e gandeiro, visitas e algún almorzo con empresarios, unha mostra de que os mozos do PP traballan ao longo de todo o ano e sempre, e non só en época electoral.

Exit mobile version