Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela piden ós veciños e veciñas que “denuncien calquera situación na que se poida poñer en perigo o seu dereito a recibir sanidade pública”

Dende o PSdeG-PSOE de Burela despois de ver as “explicacións” feitas públicas pola Dirección do Hospital da Costa, atribuíndo a un “fallo” que non se atendera a un neno de dous anos de idade no propio centro. Temos que manifestar que non nos chegan, tendo en conta a gravidade do asunto que puido ter consecuencias tráxicas. Xa non queremos pensar en que se trate dun caso de racismo, xa que sería un tema de moita máis gravidade e que dende logo non tería ningún tipo de cabida nesta sociedade, e vamos a atribuílo á incompetencia da Dirección do Hospital da Costa.

Despois de que a Executiva Local do PSdeG-PSOE de Burela abordase este asunto tanto coa Coordinadora Comarcal, Mayra García, como co Deputado Autonómico pola Mariña o compañeiro José Ramón Val Alonso. Decidimos trasladar este asunto ó Parlamento de Galicia e imos a pedirlle á Conselleira de Sanidade do Partido Popular explicacións sobre este asunto, e imos a pedir a dimisión fulminante do Director do Hospital da Costa, como máximo responsable deste asunto. Non podemos permitir nin por un minuto máis que a persoa que dirixe e marca as instrucións de cómo se ten que dar a asistencia sanitaria ós veciños e veciñas de Burela e da Mariña, sexa capaz de deixar sen atención sanitaria a ningún cidadán de Burela nin da Mariña.

Dende o PSdeG-PSOE de Burela e da Mariña queremos pedirlle ós veciños e veciñas de Burela e da Mariña que denuncien calquera situación nos que se poida poñer en perigo o seu dereito a recibir una sanidade pública, gratuíta e de calidade, que sexa un garante da súa saúde. Poñémonos a disposición de todos aqueles veciños e veciñas que se atopen nesta situación para poder axudarlles a reclamar os seus dereitos que garantan a súa saúde no Hospital da Costa, que é onde se lles debe de garantir esa asistencia.

Exit mobile version