Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Foz denuncian a perda de bandeiras azuis nos areais da localidade

O grupo Municipal do Partido Socialista de Foz, denuncia que cada ano que pasa, o Equipo de Goberno do Concello de Foz, perde unha bandeira azul nas nosas praias, en tres anos que levan gobernando perdéronse dúas, a de Xuncos o pasado ano e a de As Polas este.

Estaba cantado que a maneira de gobernar do PP en Foz, levaría o concello a cotas descoñecidas polos nosos veciños, a falta de limpeza, de dedicación, de mirar polo mantemento do mobiliario urbano, de coidar e mimar o que nos reporta inmensos beneficios como o turismo. Lévanos a pensar que nada lles interesa que o importante é tirar cara adiante tratando de escapar do traballo que necesita o noso municipio.

Abandonaron o público para dedicarse a enriquecer a catro empresas privadas e deixar na rúa a moitos homes e mulleres que necesitan traballar para sustentar ás súas familias, non hai vontade de coller o toro polos cornos, están ó que digan certos persoeiros e seguir ó pé da letra o que dictan.

Certo que este ano nos concederon a “Distinción Temática” é dicir a información e educación ambiental nos últimos 10 anos. Moi correcta esta distinción, pero coidado o que se colocará con moito esmero e precisión, tanto na costa coma nos murais do Cenima, polo anterior equipo de goberno socialista, esta a ter un abandono de mantemento enorme, prioritariamente na costa, hai paneis ós que só lles queda a madeira e non a información e os paneis turísticos están tirados, dobrados e con falta de información que oriente, principalmente ós visitantes da nosa comarca.

O grupo socialista ten advertido todo esto que reflexa anteriormente, Pleno tras Pleno Municipal. A resposta oidos sordos. A realidade é que se constata dito abandono, sen que se vexa reacción algunha por parte do Equipo de Desgoberno do noso Concello.

Exit mobile version