Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas denuncian que Villares leva tres anos sen inzar ni nunha so abandeira azul nas praias de Cervo

CERVO, 15 DE MAIO. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quedará por terceiro ano consecutivo sen izar nin unha soa bandeira azul en ningunha das nosas praias, os socialistas non entenden esta situación se non se trata de “desidia e falta total de interese polo crecemento e promoción do noso municipio”.

Ven con desagrado como “se anuncian as bandeiras azuis na maioría dos concellos costeiros de A Mariña e Cervo queda de novo coas mans baleiras a pesares das maravillosas praias que temos”.

Dende o PSOE de Cervo insisten en que “xa non é a primeira vez nin a segunda, dende o 2012 quedamos sen ningunha, pasaron tres anos e seguimos igual. Tres anos nos que este equipo de goberno non se preocupou nin o máis mínimo por solucionar as carencias que nos impiden lucir estes galardóns, a causa non é falta de tempo senón vagancia e deixadez”.

Os socialistas denuncian que “o Partido Popular só se preocupa de recortar e asfixiar ós cidadáns en lugar de promover accións e actividades que promovan a economía e axuden, neste caso, a fomentar o turismo. Moita viaxe a Madrid (FITUR), a Ourense (Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, Xantar), acollida do Periodipesca, e por outra banda, tres anos sen valorar un distintivo que acredita a calidade dos nosos areais. Que nos expliquen a todos a verdadeira razón desta negativa ás bandeiras azuis, porque non é fácil de entender”.

Por último, engaden que “este goberno colleu un concello con máis de 5.000 habitantes, con xente nova, con vida nas rúas, con bandeiras azuis, e está apagándoo día tras día, quedamos sen servizos, sen poboación, sen bandeiras, sen visitantes. A falta de preocupación polo noso futuro é total e absoluta, é fundamental non deixar de lado o turismo, porque é un dos motores da nosa economía”.

Exit mobile version