No caso do camiño das Lombas foron acondicionados uns 700 metros de vía e no de Curuxeiras uns 800 metros. Unhas obras que forman parte do Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal que financia a Xunta de Galicia e no que investiu, no caso do Concello de Cervo, uns 48.000 euros.
Un plan no que tamén se incluíu a obra para habilitar un camiño peonil que une a residencia da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña co núcleo de Cervo, e que xa entrou en funcionamento. Estas obras forman parte dun proxecto máis amplo co que o Concello de Cervo pretende mellorar os camiños municipais e que abarca todas as parroquias.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil Yolanda Pedreira, o pedáneo da parroquia e técnicos municipais comprobaron hoxe a finalización destas obras.