Site icon Crónica3.com A Mariña

Os VIII Foros Permanentes para mulleres comezan en Ribadeo cun obradoiro de risoterapia

Ribadeo, 9 de maio de 2014. A vindeira semana da comezo a VIII edición dos Foros Permanentes para as Mulleres, que organizan o CIM e a Concellaría de Igualdade.

A primeira das actividades será un obradoiro de risoterapia que terá lugar todos os mércores desde o vindeiro 14 de maio ata o 4 de xuño, en horario de 18 a 20 horas na sala Sonda Norte, na Casa da Xuventude. A encargada de impartir este obradoiro será a psicóloga Laura López.

Os Foros Permanentes para as Mulleres inclúen máis actividades como os Domingos a pé ou a viaxe a un spa, e neste 2014 porán en marcha algunha iniciativa nova.

Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade sinalan que “son oito anos os que levamos nesta andaina, oito edicións dedicadas a promover unha saúde integral das mulleres e a fomentar un tempo libre, un espazo de ocio para elas” e engaden “neste 2014 teremos un pouco de ocio para sorrir, para conversar, para gozar… e para relaxarnos”.

Exit mobile version