Site icon Crónica3.com A Mariña

Os xuvenís laranxas, campións provinciais

Base_Campeones de LugoO equipo xuvenil do Burela Pescados Rubén proclamouse campión da Liga Provincial tras empatar (3-3) ante o CP Casás. O empate resultou suficiente para os laranxas que dependían de si mesmos para alcanzar o campionato mentres que o Cidade de Lugo, segundo clasificado, debía esperar un tropezo dos mariñaos que non chegou. O conxunto dirixido por Christian Gómez, mantivo unha dura pugna coa escuadra lucense durante o campionato. O técnico burelés cualificou como “moi merecido este título, cun persoal prácticamente de primeiro ano de xuvenil competemos moi ben e os xogadores merécense esta alegría. Agora toca gozar tamén do premio de competir no Campionato Galego”.

Campións: Jorge Pernas, Christian García, Adrián Riveiro, Borja Branco, Isaac Losada, Renato Lopes, Adrián García, Marcos Igrexas, Adrián Sanjurjo, Richi Gómez e Sergio Cora.

Adestrador: Christian Gómez. Preparador Físico: Brenan Rivas
Auxiliares: Mario Pillado e Javi Celes.

Tamén se coroou como campión provincial o ED Burela FS A de categoría infantil.
Os pupilos de Brenan Rivas venceron con solvencia ao Monterroso en semifinais (4-1) e na final non perdoaron ante o ED Chantada (2-4). A fase final disputouse en Láncara.

Campións
Néstor Val, Luismi Neto, Álvaro Suárez, Rubén Branco, Adilson Varela, Óscar Candia, Sergio Rivas, Víctor Pedreira, José Luís Sáez, Luka Eijo.

Adestradores: Brenan Rivas e Mario Pillado.

En categoría alevín, o ED Burela FS tivo que conformarse co subcampeonato provincial ao caer na final (4-1) ante o ED Lourenzá Mondoñedo. A derrota na gran final non empaña a excelente tempada da escuadra dirixida por Carlos Moreno. Os mariñanos chegaron á gran final tras eliminar en semifinais ao ED Taboada (2-9). Esta fase final disputouse en Guitiriz.

Subcampións
María Bertolo, Gustavo Marchesán, Pablo Delgado, Jorge Quelle, Nico Vizoso, Isaac Regueira, Diego Eijo, Antonio Baltar, Edmilson Carreia, Pol Bassa, José Carlos Sanches, Alex Pedreira, Anxo Paz, Daniel Barreiro.

Adestrador: Carlos Moreno. Auxiliares: Xevi Bassa e Chacho Vizoso.

Exit mobile version