Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras visitou a Costa da Morte

cabras-morteA casa natal de Eduardo Pondal foi o lugar de inicio da ruta que este sábado fixeron os sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela. A ruta ten tamén outro interese histórico importante, como é o embarcadeiro situado na praia de Balarés. No mesmo, e durante a segunda guerra mundial, Franco subministró a Hitler cantidades importantes de wolframio que supuxo unha importante mellora na economía do Barbanza na década dos 40. E outro lugar de interese da ruta é a Pedra da Serpe que segundo a lenda é un monumento ó acto de San Adrián que pegou un pisotón nunha pedra e todas as serpes da praga do lugar se meteron debaixo dela. ASí mesmo, tamén visitaron O Roncudo, onde se recollen “os mellores percebes do mundo”. A actividade rematou cunha comida no restaurante Miramar de Corme.

Exit mobile version