O vindeiro xoves, 29 de maio, dende a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela vai ter lugar unha recepción oficial ás batukadeiras Nos Herança ás 12:30 horas no Concello e a continuación terá lugar a inauguración da exposición “Galicia-Cabo Vede: Unha irmandade”, unha mostra que ensina parte dos proxectos de cooperación realizados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nas illas de Cabo Verde. A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico Imaxes con Fondo.