Site icon Crónica3.com A Mariña

RegalXunqueira conmemora o Día Internacional dos Museos coa inauguración de dúas mostras no Museo da Cerámica e no Museo da Pel

Regalxunqueira celebra o vindeiro sábado 17 e o domingo 18 de maio o Día Internacional dos Museos que este ano está dedicado a “Os vínculos creados polas coleccións dos museos”.

O sábado de 11.00 a 14.00 horas estará o taller aberto ó público, onde nenos e maiores elaborarán unha peza de cerámica, cocerán outras xa feitas e cada participante levará unha rematada para a súa casa.
O domingo 18 de maio ás 11.00 horas inauguraranse duas mostras: unha no Museo da Cerámica e outra no Museo da Pel.

No Museo da Cerámica a mostra estará composta por un óleo de Otero Regal do ano 1970 (Maria Castaña), cedido en deposito por Perfecto Otero Hermida; unha peza de Raku de Otero Regal do ano 1986, cedida por Modesto Novo; tres pezas da coleccion “Animales fantásticos” do ceramista Nacho Porto, que foron Premio Antonio Fráguas, na categoría de Arte Contemporâneo; unha peza feita en exclusiva para o Museo, pola ceramista portuguesa da localidade de Barcelos, Julia Ramallo, de “Arte figurado”, artista que xa ten varias obras no museo; dous cadros cerámicos da exposición “Paisaxes do Camiño” de Otero Regal; cadro cerámico de Emidio Galassi; ademais de pezas adquiridas coma nove platos de cerámica dunha colección numerada de Salvador Dalí, artista do que ata o momento non había ningunha obra no museo, e o primeiro forno de cerámica do Obradoiro de Regal Ceramica de Otero Regal, situado en Av. de Lourdes e que data do ano 1962.

No Museo da Pel haberá unha colección de “formas” de zapatos e outro material de zapatería artesán. A continuación desta inauguración farase unha visita guiada por Otero Regal, a todo o complexo, sala de exposicións, museo da cerámica, museo da pel…, que inclue ademais a proxección do documental de Otero Regal, “Terra, lume e auga”.

Finalmente, o luns 19 de maio, durante toda a xornada, estarán abertas as instalacións para unha visita guiada, gratuíta, para tódolos colexios e institutos que queiran participar.

Exit mobile version