Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo a debate coa AVV O Tesón

A AVV O Tesón presenta un ciclo de charlas para provocar o debate sobre Ribadeo. Neste caso, para desenvolver no mes de maio,o ciclo leva como título xenérico “Ribadeo a debate. Visións de Ribadeo”. Con el preténdese que catro ribadenses con ampla visión sobre o noso contorno, tanto da vila de Ribadeo como da ría ou do conxunto da comarca, poidan falar libremente dando a súa visión e propiciando un debate en torno aos seus puntos de vista.

Este é o programa xeral:

-10 maio, sábado, Xosé Carlos Rodríguez Rañón: Ribadeo visto desde fóra por un de dentro.

-16 maio, venres, Chemi Lombardero Rico: Ribadeo; un porto, un hinterland, dúas comunidades.

-23 maio, venres, Víctor Moro Rodríguez: Ribadeo

-30 maio, venres, José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández: La evolución de Ribadeo desde mi llegada.

As charlas constarán dunha primeira parte, expositiva a cargo do conferenciante, e unha segunda, na que se tratará o debate sobre as ideas e feitos expostos relacionados co noso concello. Desenvolveranse no salón de actos da Casa do Mar, comezando ás 20:00 horas. A entrada será libre e gratuita até esgotar localidades.

Exit mobile version