Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta por Serra dos Bígaros e Foz de Arroxos

O club de montaña Marqués de Casariego de Tapia organiza unha saída cara á Serra dos Bígaros e Foz dos Arroxos (Saliencia- Somiedo) o vindeiro sábado 17 de maio. Trátase dunha travesía de 9,6 quilómetros que terá unha duración aproximada de 4 horas e 44 minutos e un desnivel de subida de 500 metros e 1.100 de baixada. Os prezos da actividade son de 12 euros, 5 para os socios e 3 para os socios colaboradores. Os interesados pódense inscribir ata o xoves nos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 e 608 540 828 ou a través do correo cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es.

Exit mobile version