Site icon Crónica3.com A Mariña

Sarabela Teatro anima á lectura no Vicedo con “Conto Express”

O próximo xoves 8 de maio ás 17.30 horsa na Casa da Cultura do Vicedo actuación de Sarabela Teatro presentando CONTO EXPRESS. Trátase dunha actividade de animación á lectura que forma parte do programa LER CONTA MOITO 2014 da Xunta de Galicia xunto co Concello do Vicedo. Actividade dirixida a nenos e nenas de Educación Primaria e con entrada gratuita.

“Ranpunzel e Grettel Chanetti chegan en bicicleta con contos express e precisarán da colaboración do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. E de sobremesa, suxestivos petiscos doces,tirados do libro Contos silencioso”.

Exit mobile version