Site icon Crónica3.com A Mariña

Seis traballos foron premiados nunha nova edición do concurso de creación de banda deseñado convocado polo IES Perdouro

xurado-bandadeseñadaO xurado fallou os premios do concurso de creación de Banda Deseñada convocado polo IES Perdouro de Burela dentro das súas actividades en torno aos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña.

Deste xeito, os gañadores foron:

CATEGORÍA ESCOLAR ATA 14 ANOS
O primeiro premio foi obtido por Carolina Cordido García do CEIP de Cervo coa obra “Piricadas”, e o segundo premio foi para Laura Herbello Piñeiro do IES María Soliño coa obra “Anna nunha aventura submarina”.

CATEGORÍA ESCOLAR ATA 18 ANOS
O primeiro premio recibiuno Daniel Noya Pintos do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra pola banda deseñada “Fálame do Mar” e o segundo premio foi para unha obra titulada “Albor” presentada por Alicia Martínez Abal, alumna do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra.

CATEGORÍA ABERTA
O primeiro premio foi obtido por Inés Vázquez Ramallal coa obra “Sempre Abril” e o segundo premio foi para José Miguel Martínez García (Guionista) & Óscar López Gómez (Debuxante) coa obra “A eternidade dun intre”.

A organización quere mostrar o seu agradecemento a todos os participantes e especialmente aos docentes e alumnado dos centros educativos que amosaron o seu interese por estes Encontros.

Exit mobile version