Site icon Crónica3.com A Mariña

Tres probas rematadas con éxito para o Club Atletismo Ribadeo

Este sábado o Club Atletismo Ribadeo estivo presente en tres eventos deportivos onde obtivo

-Na media Maratón de Xixón fixo o seu debut na distancia Angel Ares rematando nun tempo de 1h 45´49´´ que foi acompañado polo seu amigo Juan Antonio Edrosa do Club Ciclista Eo que ten unha marca persoal de 1h 24´23´´.

-Na I Carreira da Auga de Mondoñedo de 7.210 m por un percorrido duro con pronunciadas subidas a onde se desprazaron nove atletas do Club acadando subir ó podio catro atletas, sendo o club máis representado:

J Luis Gómez del Río foi 1º da súa categoría e 2º da absoluta.

José Gerardo Machado rego foi 2º da súa categoría.

Pablo Fernández García foi 3º da súa categoría.

Ana María Ferradás Barrera que foi 2º da súa categoría.

Tamén participaron Isabel Díaz López, María Pérez Sánchez, Bruno López e o cadete Yago Freije Mariño. Todos eles fixeron moi boa carreira.

-Nos 101 Peregrinos de Ponferrada participaron 3 atletas do Club:

Néstor Puente González tomou parte na modalidade de 48 Km onde acadou ser o 17º da Xeral e o 8º da súa categoría cun tempo de 5h 30´. Nesta modalidade o vencedor foi Jose Peñil da localidade de Unquera cun tempo de 4h 19´.

Julio César Antolín Rey e Carlos Vijande Ovide participaron na modalidade de 101 km, unha proba de ultrafondo que recorre as terras do Bierzo polo camiño de Inverno de Santiago, nun percorrido circular para o que tiñan 24 horas para rematar.

Julio foi o 56º da Xeral e o 7º da categoría cun tempo de 16h 15´.

Carlos, 161º da xeral e 93º da categoría cun tempo de 20h 31´28´´.

Exit mobile version