Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha delegación de Batukadeiras de Cabo Verde viaxa a Burela para coñecer a cultura galega

Burela, 7 de maio de 2014. Unha delegación de batukadeiras de Cabo Verde viaxará a Burela a finais deste mes para visitar ás súas familias asentadas na localidade, para coñecer a cultura galega e para promocionar as súas tradicións.

Segundo explicou esta mañá a concelleira de Igualdade, Diana Durán, “as Batukadeiras Nos e DanÇa da Cidade Vellia de Cabo Verde estarán na nosa vila do 23 de maio ao 2 de xuño. O obxectivo é visitar ás súas familias durante a celebración das festas de Burela para coñecer un pouco da nosa cultura e das nosas tradicións. Ademais participarán no día dedicado a África e a Cabo Verde que se desenvolverá durante os festexos patronais”.

O 25 de maio ás 13 horas o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira Diana Durán acudirán á praza de abastos para participar na xuntanza intercultural entre Cabo Verde e Burela que se desenvolverá durante esa xornada. E o 29 de maio ás 12:30 horas o rexedor e a edil de Servizos Sociais ofrecerán unha recepción no Concello ás Batukadeiras Nos e DanÇa.

Exit mobile version