Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha primeira praza e tres segundas para as locais do XXI Torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica

XXIº TORNEO X. RÍTMICA CONCELLO XOVE (3)O sábado 10 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXI TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, deu comezo ás 17:00 horas coa presencia de 6 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Outeiro de Rei, a E.X. Porta Norte de Burela/Ribadeo/Viveiro, o C. Filigrana de Lugo e o C. Violeta de Baamonde, con 230 ximnastas en competición. Perto de 500 persoas abarrotaron o Pavillón Municipal.

O Torneo, como é preceptivo, comezou antes da hora citada co quecemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:00 horas abreuse a competición.

Dentro dos resultados obtidos pola Escola Municipal de Xove, salientamos:
-Categoría baby: 2º clasificado:
-Categoría alevín: 2º clasificado.
-Cateogría cadete: 1º clasificado.
-Categoría senior: 2º clasificado.

Rematou o Torneo coa entrega de medallas trofeos aos gañadores, acto presidio polo Alcalde Demetrio Salgueiro, que estivo acompañado pola Concelleira de Deportes Cristina Iglesias e outras autoridades.

Exit mobile version