Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 60 vehículos daranse cita o 7 de xuño en Foz na II Concentración de Clásicos e participarán nunha ruta por Lourenzá

290514 Cartel coches clasicos FozFoz, 30 de maio de 2014. Arredor de 60 vehículos daranse cita en Foz o vindeiro 7 de xuño na II Concentración de Clásico de Foz e Ruta de Lorenzana. Os organizadores Alberto e Armando Rodríguez contan coa colaboración dos Concellos de Foz e Lourenzá e tamén coa Asociación de Comerciantes, Industriales e Autónomos focense.

A xornada dará comezo ás 10 da mañá coa chegada dos coches participantes ó paseo da praia da Rapadoira. A mediodía, a partir da unha, saída en ruta por Foz e posterior aparcamento na plaza Conde de Fontao no porto.
Os asistentes comerán en Casa Damián e a partir das 16.30 horas iniciarán a ruta cara Lourenzá, “donde haremos una visita turística y cultural a la iglesia, al monasteiro, al museo de la faba y al Pazo de Tovar. Luego regresaremos a Foz, estacionaremos en la playa de A Rapadoira y cenaremos en el restaurante O Carro. La jornada concluirá con una actuación del grupo Andaravio”, explicou Alberto Rodríguez, un dos organizadores.

Rodríguez calcula que “seremos alrededor de unos 60 coches, pero también habrá motos antiguas, de hecho este año vienen unas 20. El turismo más antiguo será de 1939 o 1940 y luego habrá coches de más de 25 años: cadillacs, Ford, Renault, de todo un poco… y también contaremos con dos o tres camiones antiguos”.

Os interesados en participar en toda a xornada, é dicir nos percorridos, na comida e na cea deberán anotarse antes do vindeiro 3 de xuño no seguinte número de teléfono: 670 97 98 52. O prezo por comensal é de 25 euros, “eso te da derecho a comer, cenar, a la ruta y a tomar un vino todos juntos a mediodía”.

Exit mobile version