Site icon Crónica3.com A Mariña

VEMOS OU … MIRAMOS? Exposición de fotografía do IES Illa de Sarón de Xove

O IES Illa de Sarón de Xove presenta unha exposición de fotografías realizadas polo alumnado de Educación Plástica e Visual do Centro.

A mostra, que estará aberta ao público dende o 24 ao 30 de maio na sala de exposicións do Concello de Xove, é o resultado do traballo realizado durante o curso polo alumnado deste centro. Trátase de máis de 40 obras na que cada un dos autores-as intenta plasmar os coñecementos adquiridos nas clases e reforzados co obradoiro impartido polo pintor Xoán Guerreiro como complemento á formación académica. As obras, de temática libre, realizáronse case todas na contorna do Centro, na saída que realizou o alumnado acompañado do profesorado da especialidade.

A exposición poderá visitarse todos os días en horario de 18 a 20 horas.

Exit mobile version