Site icon Crónica3.com A Mariña

XIII Xornadas de Tecnoloxía no IES Vilar Ponte

O vindeiro venres 30 e o sábado 31 de maio, o IES Vilar Ponte de Viveiro acollerá as XIII Xornadas de Tecnoloxía. Durante estes días participarán máis de 50 docentes de secundaria da especialidade de tecnoloxía en multitude de conferencias e talleres así coma nunha visita turística pola cidade de Viveiro e unha saída á planta de Ferroplast en Xermade. O acto inaugural terá lugar o venres 30 ás 17.00 horas no salón de actos do centro coa presenza do Director Xeral de Educación, Manuel Corredoira; e o subdirector da mesma, Manuel Vila. As actividades que se desenvolverán están abertas á participación do público en xeral que queira achegarse ás instalacións do IES Vilar Ponte.

Exit mobile version