Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de formación medioambiental en Xove

XORNADA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL EN XOVE (8)Xove, 22 de maio de 2014.- Desenvolveuse este xoves a partires das 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove unha Xornada de Formación Medioambiental. Organizada dentro dun Programa da Mancomunidade da Mariña Lucense, contou coa colaboración organizativa da Concellería de Agricultura do noso Concello que preside Dolores Meitín.

A Xornada comezou cunha presentación do alcalde Demetrio Salgueiro, para continuación dar paso á ponente e técnica en medioambiente Mayra Moure, quen lles explicou aos 30 inscritos, máis outras persoas interesadas, o que é a compostaxe doméstica, co fin de que poidan facer o seu propio abono natural nas súas casas. Todo o que se poida reciclar nas propias casas, lóxicamente non vai a parar aos contenedores municipais, co cal se aforra nos gastos de recollida e transporte; por outra banda, o veciño sácalle un rendemento a eses residuos unha vez transformado en abono, xa que así aforra de mercar parte do mesmo, contribuindo todo isto á unha mellora do noso medioambiente.

Unha vez rematada a charla, aos previamente inscritos fíxoselles entrega dun composteiro co fin de que apliquen prácticamente nos seus domicilios o aprendido. Os composteiros foron doados por Sogama, quen colabora deste xeito na realización da Xornada.

Exit mobile version