Por segundo ano consecutivo, a Deputación reúne en Lugo a un público moi heteroxéneo, de todos os perfís e idades, para conversar sobre o verdadeiro significado da Rede na sociedade e para fomentar o uso das novas tecnoloxías entre todos os sectores, “este é o verdadeiro ADN do congreso”, subliñou o Presidente. Para elo, conta coa participación de reputados expertos do xornalismo, gastronomía, moda, tecnoloxía, goberno aberto, marketing dixial ou seguridade na rede.
Mostra disto, a ponencia inaugural, O verdadeiro momento do xornalismo dixital, estivo a cargo de Ramón Lobo. Xornalista, escritor de éxito e corresponsal de guerra de conflitos bélicos como Bosnia, Kosovo, Chechenia, Irak, Afganistán, Serra Leona, Libeira ou Ruanda, mantén un dos blog de refencia para o xornalismo, ramonlobo.com, polo que recibiu o premio iRedes na Categoría Individual.
A xornada de hoxe tamén contou coa participación de Pepo Jiménez (@Kurioso), responsable da plataforma que monitoriza os contidos da rede máis exitosos, e Delia Rodríguez (@delia2d), xornalista do Huffington Post, experta en Internet e autora de Memecracia, onde relata o fenómeno dos memes e virais, así como a súa influencia na sociedade. Ámbolos dous foron os protagonistas da mesa redonda sobre Os virais que nos gobernan. Efrén Álvarez (@EfrenMasterChef), lucense que participou en Master Chef, e os blogueiros Luis Rodríguez (@luisete) e Paco Becerro (@futurobloguero) avaliaron A moda gastronómica. A programación deste venres pechouna o humorista Víctor Grande (@vicgrande).
Blogosfera lucense
A programación deste sábado arrancará ás 10:45 horas, coa presentación de empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa rede e co ADN lucense. Os participantes serán: Elio Laureano, de Didimox; Hugo Iglesias, de Miramar Cruceros y Nudoss; Rubén Pérez e Kathryn Phillips, Don´t be a foreigner; Santiago Martínez, Ocio en Galicia-Ocio en Lugo; e Tamara Raposo, xornalista e Community Manager. Ás 12:00 horas, será a quenda de Juan García, director de AdamaWeb e editor de Blogoff, galardoado polo diario 20 Minutos como mellor blog de tecnoloxía 2007 e 2º premio Bitácoras 2011, que falará sobre Alfabetización dixital.
Goberno aberto
Ás 13:00 horas, arrancará un espazo dedicado ó goberno aberto, “polo que apostamos na Deputación de Lugo para aumentar a participación cidadá e a transparencia na xestión do público, en definitiva, nun exercicio de profundar na democracia”, destacou Besteiro. Os conferenciantes na mesa redonda Open Government serán Carlos Guadián (@carlosguadian), editor dende 2003 de K-Government, un dos blogs referenciais do goberno aberto; Cristina Juesas (@maripuchi), asesora do proxecto do goberno aberto do Executivo vasco; e Pablo Rivera (@priveracapon), Director de Fondos Europeos da Deputación de Lugo.
Lo bueno, si breve…8 ponencias de 15 minutos
Lo bueno, si breve…8 ponencias de 15 minutos, será o bloque que arranque na sesión de tarde, a partires das 16:30 horas, coas seguintes seguintes intervencións: O día que a moda chegou a Internet, Paloma Abad (@palomaabad), El País; De San Fernando a California, Alexandra Guerrero (@Drita). Editora xefe de Engadget España; Imos a empezar a deixar de parecer e empezar a ser, por Clara Ávila (@claraavilaC), consultora Social Media e blogueira; A revolución das Google Glass, por Juan Barambones (@remotteglass), CEO de Remotte; Blogs e nais. O meu xefe é Ricky Martin, por Lucía Sández (@babybaballa); Máis importantes que o FBI, por Carlos Fernández, Community Manager de @policia; Así se ve o mundo dende 100 metros de altura, por Rubén e Nacho, de Air-e Lugo (@AIR_eProduccion); e Celebrities&Twitter, por Laura Pintos (@credula).
II Premios #INLUGO
Ás 19:30 horas será a entrega dos II Premios #INLUGO. Son os galardóns que recoñecen aquelas iniciativas, persoas e organizacións da provincia que están a destacar no bo uso de Internet e as novas tecnoloxías en diferentes ámbitos. Presentáronse medio cento de proposta para as catro categorias do certamen: Comercio, Lecer e Restauración; Educación e Formación; Cultura e Social; e Tecnoloxía.
O broche final do congreso, ás 20:00 horas, poráo Pepo Jiménez (@Kurioso), responsable da plataforma que monitoriza os contidos da rede máis exitosos, amosando Os 10 mellores momentos de Internet 2014.