Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentado o VII Festival de Jazz e Música Moderna de Burela, a celebrar do 13 ó 17 de xullo

Cartel sin logosBurela, 27 de xuño de 2014.- Este venres presentouse no Hotel Nordés o VII Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, que se celebrará nesta vila os vindeiros días 13, 14, 15, 16 e 17 de Xullo de 2014.

Este Seminario está organizado pola Asociación Mariña Jazz – AMAJAZZ . No acto estiveron presentes o Pte. de Amajazz Jesús Arranz González, Nieves Medina García, Catalina Sánchez Luengo e Mario Arranz Carreño, parte da equipa de organización do Seminario acompañados polo Alcalde de Burela D. José González Barcia e a Segunda Teniente de Alcalde e Delegada de Servicios Sociais, Muller , Igualdade e Sanidade Dona Diana Durán Garcia.

Unha nova iniciativa incorposrase a este VII Seminario este ano , o Obradoiro de improvisación Burela Impro, a cargo de Roberto Pacheco Plaza ,un obradoiro práctico de iniciación á improvisación como ferramenta para a mellora das nosas capacidades personais e a súa posta en práctica, tantono ámbito profesional como no persoal. Vai dirixido e está aberto a todas as persos que desexen desenrolar as súas capacidades dun xeito práctico mediante o xogo e a improvisación.

Con respecto as actuiacións, salientar a actuación o mércores 16 de Xullo de SUMRRÁ, que nestes momentos é o grupo galego con máis proxección internacional, tamen o martes 15 contaremos cun grupo da escola de Jazz de San Sebastian Musikene, Dani Juarez Quintet.

Programa do Seminario

SÁBADO 12 de Xullo ás 22.00 h.
CONCERTO APERTURA da AMAJAZZ BIG BAND
Na Terraza do Hotel Nordés

DOMINGO 13 de Xullo ás 22.00h. :
CONCERTO dos “PROFES” + JAM SESSION
Na Praza de Abastos de Burela

LÚNS 14 de Xullo ás 22.00 h. :
CONCERTO “CHAVALES” + JAM SESSIÓN
Na Praza de Abastos de Burela

Martes 15 DE Xullo ás 22.00h.:
Concerto de
DANI JUAREZ QUINTET
Na Praza de Abastos de Burela

MÉRCORES 16 de Xullo ás 22.00h.:
CONCERTO de
SUMRRÁ
Na Praza de Abastos de Burela

XOVES 17 de Xullo
CONCERTO de CLAUSURA
“ SONS DE AFRICA”
Coa colaboración dos grupos de Cabo Verde residentes en Burela:
BATUKO TABANKA
RABENTOLA
Na CASA da CULTURA de BURELA ás 20.00 horas

Todas as actuacións terán lugar ás 22.00 horas excepto a do xoves 17 que comezará ás 20.00h. na Casa da Cultura de Burela.

Exit mobile version