O Surf-Camp é a unica actividade que hai en España na que se pode aprender de xeito completamente gratuíto cales son os segredos deste deporte da man da élite europea do surf. Este feito sorprendeu a Aitor Francesena, ex-seleccionador nacional e actualmente adestrador de Aritz Aramburu, un dos maiores e máis laureados surfistas en todo o mundo, destacou que “ a calidade das ondas, grandes e longas; xunto coa escasa masificación das praias da Mariña, converten á costa de Lugo nunha das mellores zonas, por non dicir a mellor, para practicar este deporte”. O ex-seleccionador, que perdeu a visión logo dun aparatoso accidente surfeando, salientou que “ se xuntamos a riqueza natural das praias e a gastronomía da provincia, para surfear, Lugo non ten rival”
Os cen participantes, maioritariamente galegos e asturianos, amosaron xa dende ás 9:00 horas da mañá, moito entusiasmo e ganas de aprender o máximo posible sobre o deporte “de moda”. Distribuídos en varios grupos, de iniciación, perfeccionamento e profesional, estiveron moi atentos ás indicacións dos profesionais deste deporte. Francesena, o adestrador da élite do surf, foi a última persoa en darlle consellos ós participantes antes de que se meteran na auga e afirmou que “é un pracer ver como o meu deporte goza de tanta fama entre a xente do norte da península”.
Última xornada
A 4ª edición do Surf-Camp remata o domingo día 29, despois dunha fin de semana chea de actividades e emocións. Entre ás 12:00 e ás 14:00 horas, os mellores surfistas de Europa, acompañados de monitores, ensinarán a surcar as olas a todos aqueles que o desexen na praia focense da Rapadoira. Despois, a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables achegarase ata esta praia, para participar na entrega de premios que terá lugar ás 14:00 horas.