Site icon Crónica3.com A Mariña

A Área de Cultura da Deputación oferta unha bolsa formativa en materia de memoria histórica

A Xunta de Goberno celebrada este venres aprobou as bases que rexerán a oferta dunha bolsa formativa en materia de memoria histórica para a área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico 2014-2015.

A través desta bolsa, convocada xa no período 2013-2014, a área de Cultura da Deputación desenvolve un amplísimo traballo de investigación en temas de materia histórica a partir dos distintos arquivos históricos da provincia e de fóra dela. Uns datos que se almacenan no base de datos do proxecto Nomes e Voces, froito dun convenio de colaboración entre a institución provincial e a USC, iniciado en 2010 para recuperar documentos, imaxes e voces relativas á represión franquista na provincia de Lugo.

Neste sentido, Mario Outeiro lembrou que “como resultado deste traballo de investigación a área de Cultura da Deputación de Lugo conmemoraba o ano pasado o Día da Galiza Mártir, levaba a cabo varias iniciativas plenarias para eliminar distincións a persoeiros franquistas, facía homenaxes colectivas como a celebrada en Montecubeiro, ou organizaba exposicións como a dedicada a Ben-Cho-Shey ’50 anos de maxisterio cultural (1918-1968)’, coa que se puido acceder a fondos de grande valor que aportan documentación de interese da historia do nacionalismo, da prensa en galego e da actividade cultural da época, así como contidos de carácter etnográfico, heráldico ou dalectolóxico”.

Exit mobile version