Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT do Concello burelés impartirá a partir do 16 de xuño un novo curso en tres horarios diferentes

Burela, 9 de xuño de 2014. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá novos cursos de informática impartidos polo Concello de Burela.

Iniciación á Informática: Con esta actividade axudarase aos asistentes a dar os seus primeiros pasos no amplo mundo da informática. Aprenderán a usar o rato e o teclado, a crear, renomear e eliminar cartafois e arquivos, entre outras moitas cousas. Este curso está dirixido a persoas con escasos ou ningún coñecemento de informática. Esta actividade terá lugar na Aula CeMIT de Burela dende o vindeiro luns, 16 de xuño, ao 30 deste mes en tres horarios diferentes: o primeiro deles será de 9 a 10 horas, o segundo de 10 a 11 e o terceiro de 11 a 12 da mañá. O prazo para matricularse remata este venres, 13 de xuño.

Desde a Aula CeMIT de Burela lémbranlle aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da Internet da aula, en horario de mañá de 12:00 a 14:00 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es.

Exit mobile version