Burela, 18 de xuño de 2014. A comisión de festas de Burela entregoulle 415 euros á igrexa parroquial para colaborar co arranxo das súas vidreiras, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Cultura, e membro de dita comisión, Mónica Pedre.
A edil explicou que “unha vez rematadas as festas patronais e feitas as contas obtivemos un superávit de 415 euros, que quixemos entregarlle á parroquia para axudarlle a custear a reparación das súas vidreiras. É unha pequena contribución, pero pensamos que todo axuda”.
Mónica Pedre, en nome da comisión de festas, agradeceu “a colaboración de todas as persoas que fixeron posible que a nosa vila contase cunhas boas festas patronais. Grazas a todos polo traballo feito e grazas polos apoios recibidos por parte dos veciños e das veciñas de Burela”.