Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación achega 66.600 euros para a construción dun parque biosaudable no Valadouro

A sesión deste venres da xunta de goberno da Deputación Provincial aprobou un convenio de colaboración para situar un parque ambiental e biosaudable no Concello do Valadouro. Trátase dunha actuación enmarcada no Lug02, dotada de 66.600 euros, cofinanciados nun 80% pola Unión Europea.

“Con esta instalación contribuímos a mellorar a calidade de vida neste municipio, no que o 35% dos seus habitantes supera os 65 anos fronte ó 8% que ten menos de 16 anos, mediante a posta en valor dos recursos naturais”, salientou Martínez.

Exit mobile version