Os traballos realizados na zona consistiron na instalación dunha varanda de 80 metros de lonxitude formada por piares metálicos de 80 centímetros de alto, que garantirá a seguridade na contorna do acceso ó colexio ó salvar un grande desnivel perigoso para alumnos, docentes e familiares, que se achegan diariamente a esta zona.
Outras actuacións
Con estas actuacións, a Deputación continúa a mellorar as dotacións públicas dos Concellos da provincia, especialmente na zona do rural, e máis concretamente nesta caso da comarca mariñana. De feito, o pasado mes de marzo, o organismo provincial acondicionou accesos a colexios de Lourenzá, Burela e Barreiros, Concellos nos que se executaron máis de 11 intervencións que contaron cun orzamento de 79.000 euros. Con estas actuacións a Deputación atende directamente ás demandas dos veciños, mellorando a súa calidade de vida ó investir en dotacións básicas ó tempo que lle aforra cartos ós Concellos. Estas actuacións activan tamén a economía local, fomentando a o emprego das empresas da zona.