A 4º edición do Surf-Camp inclúe actividades gratuítas para toda a familia durante 3 días en Viveiro, Barreiros e Foz, ofrecendo preto de 20 horas formativas e un mínimo de 280 prazas, cifra que poderá superarse posto que hai actividades sen límite de localidades. O ano pasado, ofrecéronse un total de 200 prazas.
– O venres, 27 de xuño, a xornada arrancará ás 19:00 horas no municipio viveirense, cunha xornada formativa, con prazas para unhas 100 persoas, na que profesionais do surf abordarán as peculiaridades e vantaxes deste deporte.
– O sábado, 28 de xuño, haberá actividades en Barreiros e Viveiro. Nas praias barreirenses, destacados expertos nacionais do surf ofrecerán clases gratuítas durante toda a xornada (pola mañá, de 11:00 a 14:00 horas e, pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas). Ofrécense 3 niveis: iniciación, con prazas para 40 persoas; perfeccionamento, con 20 prazas, e profesional, con outras 20 (neste caso, os participantes percorrerán a Mariña na busca das mellores ondas). En Viveiro, dende as 17:30 e ata as 20:00 horas, haberá multiactividades deportivas (segwey, skates eléctricos, simulador de surf, longskate, gyroboard…).
– O domingo, 29 de xuño, o Surf Camp continuará nas praias de Foz, con máis clases de surf e multiactividades deportivas totalmente gratuítas, que arrancarán as 12:00 horas e se prolongarán durante todo o día. Serán 100 as prazas dispoñibles.
Inscricións
O prazo de solicitude abrirase este martes en www.deputacionlugo.org. Máis información na web do organismo provincial, en http://km0surfcamp.deputacionlugo.org, en @surfcamplugo ou en facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo.
Co evento surfeiro lucense colaboran os 7 clubes existentes na Comarca da Mariña, e que reúnen a 250 socios, aínda que o número non deixa de medrar. Trátase de: Hola!Ola Surf Club de Ribadeo, North Shore Surf Club de Barreiros, Surfiños Surf Club e Sensación Surf Club de Foz, Limosa Surf Club de San Cibrao, Oxígeno Surf Club e Van Surf Club de Viveiro.