O II Campus de Emprendemento Sostible arranca con 6 obradoiros, con 20 prazas cada un, que terán lugar na cidade de Lugo e en Cervantes. Inclúen formación, visitas a empresas consolidadas e asesoramento personalizado. Existen dúas modalidades, segundo o perfil do emprendedor:
Campus de motivación e xeración de ideas: dirixido a aquelas persoas que estean a valorar a posibilidade de emprender. Explicaranse os principais elementos a ter en conta á hora de crear unha empresa e os instrumentos que contribúen a unha boa idea empresarial, como as oportunidade de negocio. As datas, horarios e lugares de celebración dos 3 obradoiros desta modalidade son as seguintes:
– Centro de Interpretación Terras do Miño: 23-26 de xuño. De 10:00 a 14:00 horas.
– Os Ancares-Cervantes: 7-10 de xullo. De 16:00 a 20:00 horas.
– Centro de Interpretación Terras do Miño: 14-17 de xullo. De 16:00 a 20:00 horas.
Campus de maduración da idea empresarial: dirixido a aquelas persoas que xa teñan máis avanzada a súa idea de negocio. Traballarase a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira. As datas, horarios e lugares de celebración dos 3 obradoiros desta modalidade son as seguintes:
– Centro de Interpretación Terras do Miño: 1-4 de setembro. De 10:00 a 14:00 horas.
– Os Ancares-Cervantes: 8-11 de setembro. De 16:00 horas a 20:00 horas.
– Centro de Interpretación Terras do Miño: 15-18 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.
Finalizado o Campus, haberá titorías nas que se prestará asesoramento personalizado, coas que continuar o traballo iniciado e poñer en marcha as ideas emprendedoras.
Primeiras 7 empresas
A Vicepresidenta e a Deputada fixeron este anuncio durante o encontro que mantiveron cun dos participantes na primeira edición do Campus de Emprendemento Sostible. Trátase de Laura Santalla Castro, unha moza lucense que estaba no paro e abriu a empresa PK3 tras participar no Campus. É unha consultoría de obra civil, na que polo de agora traballan 2 persoas. Con esta entidade, son 7 en total as primeiras empresas creadas coa anterior convocatoria deste programa. Os seus sectores son os seguintes: agricultura ecolóxica, gandeiría ecolóxica, educación ambiental, turismo rural, ecoagroturismo e produción artesanal. Hai en marcha dende unha granxa de abellas, unha cantina e ata unha zoqueira. No I Campus, houbo 4 obradoiros en Terras do Miño e nos Ancares, nos que participaron 48 persoas. Na súa maioría, foron mozos de entre 26 e 35 anos, con estudos universitarios.