O rexedor municipal focense anunciou que “dende o Concello estamos moi contentos e ilusionados por seguir un ano máis con esta feira multisectorial da man da Acia e de Conoceferias, de Paleo e de Ángel, que son dúas persoas serias e os resultados xa se viron na primeira edición, xa que máis de 15.000 persoas pasaron pola feira o ano pasado. Este queremos seguir na mesma dinámica, seguir apostando para que participen máis expositores locais e con elo conseguir que moita máis xente aínda poida estar con nós en Foz o último fin de semana de agosto”.
Javier Castiñeira engadiu que “será un fin de semana interesante, practicamente de peche do verán, no que tamén se celebrará a Feira do Libro de Foz, que é un evento importantísimo. Creo que entre as dúas se van a interelacionar e polo tanto vai ser positivo para ambas feiras. É un bo momento para seguir promovendo o noso concello nunhas datas nas que aínda haberá moitos turistas en Foz e tamén moita xente do pobo que vai gozar desa feira”.