A Confederación ANPAS GALEGAS a cal pertence a FAPACEL quere comunicar a tódalas familias o seguinte:
Ante o aluvión de “desinformación” recibida durante estes últimos días sobre os libros de texto para o curso 2014-2015, e tendo en conta que a Orde 29/05/2013 non esta derogada e esta di:
Artigo único. Vixencia dos libros de texto e materiais curriculares
1. Determinar como período de vixencia dos libros de texto e materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral seis (6) cursos académicos, contados desde a súa elección.
2. Durante este período só poderán substituírse cando circunstancias excepcionais ou de carácter pedagóxico ou científico o aconsellen, e así o determine a xefatura territorial correspondente desta consellería, logo do informe de inspección educativa, previa solicitude do centro.
“Está moi claro que non hai nada que OBRIGE a cambiar os libros de texto para o vindeiro curso. O único é o empeño das Editorias e do profesorado en facernos entrar ás familias nun gasto que neste momento moitas non nos podemos permitir”.
Dende a Federación Provincial de APAS de Lugo enviamos sendos escritos ó Xefe Territorial e ó Inspector Xefe para que “informen ós centros disto e tamén para que NON AUTORICEN ditos cambios, pois non son necesarios”.