Site icon Crónica3.com A Mariña

A FRUGA denuncia que os requisitos impostos pola Xunta para as axudas dos plans de mellora farán que moitas explotacións as perdan

Con data 22 de xaneiro do ano 2014, saíu publicada no DOGA, a orde que regulaba a tramitación dos plans de mellora destinados a modernización e mellora de explotacións agrarias e gandeiras. Esta orde contemplaba que tódolos expedientes deben ir provistos da licenza municipal correspondente. Dando como data limite para a súa presentación o dia 15 de Xuño, sendo posteriormente ampliado este prazo ata o dia 30 de Xuño.

A día de hoxe moitos expedientes non van ser resoltos, como consecuencia de que unha parte importante destas licenzas non foron resoltas a dia 30 de Xuño do 2014, data limite para a presentación dos plans de mellora. A tramitación das licenzas municipais pode retrasarse por un longo período de tempo, segundo o concello implicado; co cal atopámonos con serias dificultades para a concesión da totalidade destas licenzas en tan pouco tempo.

Para a tramitación destas licenzas municipais, os solicitantes deben acompañar o informe medioambiental correspondente, elaborado pola consellería do mesmo ramo, informe que contradí en moitos casos as normativas correspondentes a Consellería de Medio Rural. Neste caso podemos comprobar como estes documentos baséanse mais en recomendacións, que en normativas existentes a dia de hoxe. Cando se refiren a xestión dos xurros nunha explotación agraria, comprobamos con que as esixencias de medio ambiente son moito mais restricitivas que as de Medio Rural, como por exemplo no calculo do tamaño da fosa, no que medio ambiente contempla case o dobre de metros cúbicos por UGM (Unidade de Gando Maior) que medio rural. Nun aspecto como é o período mínimo de maduración dos xurros, a normativa de medio rural fala de 4 meses fronte as 6 meses que esixen os informes expedidos pola consellería de medio ambiente.

A orde que regula a tramitación e solicitude dos plans de mellora, esixe igualmente ter rematadas as obras e as outras inversións antes do 31 de decembro; e dicir, executadas na súa totalidade. Aspecto este que xera grandes dificultades a moitas explotacións, o ser os prazos de execución moi curtos, tendo en conta que primeiro teñen que recibir a aprobación do expediente de solicitude pola XUNTA.

Dende FRUGA queremos manifestar un rexeitamento total a xestión improvisada que se está a facer destas axudas en 2014, por parte da Xunta de Galiza. A administración galega continua a actuar de xeito irresponsábel na xestión dos fondos provintes da Unión Europea, cartos que teñen que ser destinados a modernización e mellora das explotacións agrogandeiras galegas. Máis unha vez, comprobamos como importantes cantidades de diñeiro procedentes de fondos europeos pódense perder pola incompetencia da Xunta.

Dende FRUGA demandamos da XUNTA que adopte as medidas precisas para que non decaia ningún expediente de solicitude de axuda polos motivos expostos.

Exit mobile version