O evento comezou cun bonito partido entre os deportistas de ambas asociacións, que se tivo que resolver na tanda de penalties despois dun enfrentamento moi reñido e que contou coa colaboración especial de Juanma Marrube, Iago Miguez e Paula Cortiñas, xogadores do C.D. Burela F.S.
Despois do tempo destinado para o picnic, no que os participantes aproveitaron para repoñer forzas, tiveron lugar uns atractivos xogos lúdico-recreativos nos que os integrantes de ambos colectivos puideron practicar actividades como o beisbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, bolos, fresbee, voleibol, malabares, e demais xogos populares.
Xa para finalizar procedeuse a entrega de diplomas para todos os participantes, a cargo do presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, do presidente do C.D. Burela F.S., Manuel Blanco, da directora dos servicios da Fundación Eu Son, Noelia Eijo, e da presidenta da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, María Iris Castro
Por parte da Fundación Imdecum, agradecer a colaboración das dúas asociacións, do C.D. Burela F.S. e do Concello de Burela.