Site icon Crónica3.com A Mariña

A Marosa acolle por segundo ano consecutivo o campus de fútbol base ‘Máis que fútbol’

A Marosa acollerá o II Campus de Fútbol Base “Máis que fútbol” que se celebrará en Burela do 30 de xuño ó 11 de xullo en horario de mañá coa participación de Luís Fernández, Iago Iglesias e Carlos Pita.

Este campus de verán, que estará dirixido un ano máis por Pablo Fernández, director da canteira do Real Avilés, diríxese a nenos nados entre 2000 e 2008 (ambos inclusive).

Entre as 10.00 e as 14.00 horas os participantes traballarán habilidades atléticas, de coordinación e psicomotrices; pero tamén haberá un módulo de tecnificación e outro de aplicación técnica,ademais doutro específico para porteiros. A media mañá os rapaces e rapazas poderán tomar un tentempé.

Ademais do xogador do Deportivo, Luís Fernández; Iago Iglesias do Racing de Ferrol, e Carlos Pita, do CD Lugo; a organización ten contactado con futbolistas en activo con experiencia na Champions que aínda non confirmaron a súa participación.

Inscrición
Os interesados en inscribirse teñen ata o 27 de xuño para achegar 130 euros por participante no número de conta do BBVA 0182 0606 81 0201653298 aportando como concepto o nome do neno. No caso dos pertencentes á AFD Porto de Burela a contía descende ata os 110 euros.

Para maior información pódense poñer en contacto coa organización nos teléfonos 656 55 87 06 ou 630 12 63 04 e a través do enderezo electrónico campusmaisquefutbol@gmail.com.

Exit mobile version