Site icon Crónica3.com A Mariña

A oficina de turismo de Foz incrementou o seu horario de atención ó público ata o 15 de setembro

Foz, 17 de xuño de 2014. A oficina de turismo de Foz incrementou o seu horario de atención ao público dende este luns, e manterao ata o día 15 de setembro. Anunciouno a concelleira de Turismo, Maite López Rego, quen explicou que “amplíase o horario de atención o público para poder atender a todos cantos se acheguen a noso pobo durante os meses de verán”.

Maite López Rego explicou ademais que “tamén temos a disposición de tódolos visitantes e veciños o punto de información turística e as visitas á basílica de San Martiño. Intentamos facilitar aos nosos turistas a máxima información para que a estancia lles sexa o máis agradable e cómoda posible. Na Semana Santa puidemos comprobar que, igual que xa o fixéramos o verán pasado, volvemos superar o numero de visitantes con respecto a anos anteriores, fantástica noticia para un pobo como o noso que basea boa parte da súa economía no sector turismo. Esperemos que o tempo nos acompañe e recibamos un maior número de visitantes”.

A concelleira de Turismo rematou desexándolles “a tódolos veciños e visitantes un feliz verán”.

HORARIOS
De luns a venres: de 10.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.

Punto de Información Turística e Basílica de San Martiño
De martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas.
E os domingos de 10.00 a 15.00 horas.

Exit mobile version