Site icon Crónica3.com A Mariña

A oficina técnica de emprego de Lourenzá tramita subvencións da Xunta para a promoción do emprego autónomo

Lourenzá, 2 de xuño de 2014. A Oficina Técnica de Emprego do Concello de Lourenzá tramita subvencións da Xunta de Galicia para a promoción do emprego autónomo.

O axente de Emprego e Desenvolvemento Local en Lourenzá, José Cuadrado, deu a coñecer que “o pasado 27 de maio publicáronse no Diario Oficial de Galicia (DOG) as subvencións para a promoción do emprego autónomo. Saíron dúas ordes de axuda: unha específica para menores de 30 anos e outra para maiores de 30 anos e desempregados en xeral”.

José Cuadrado explicou que “ante unha situación de crise como a actual e ante a falta de traballo pensamos que o emprego autónomo pode ser unha alternativa moi viable, polo que dende o Concello animamos a todos aqueles que teñan algunha idea ou proxecto en mente a que veñan informarse sobre estas axudas que son moi importantes e vantaxosas para sacar adiante proxectos ou negocios”.

Exit mobile version