Site icon Crónica3.com A Mariña

A OMIX de Xove organiza diversas actividades para este mes de xuño

Agora que está a piques de rematar as clases, e dado que os rapaces/as van dispor de máis tempo libre, dende a OMIX de Xove, organismo que depende da Concellería de Servizos Sociais, acábanse de programar dúas actividades específicas para mozos e mozas do noso Concello.

A primeira das actividades é un obradoiro para rapaces/as de 12 a 16 anos denominado “SEXUALIDADE PARA ADOLESCENTES”. Vaise desenvolver os días 18, 19, 25 e 26 de xuño nunha aula da OMIX, en horario de 17.00 a 19.00 horas. A inscrición para este obradoiro hai que facela na propia OMIX antes do 14 de xuño.

A outra actividade programada é o “III TORNEO DE Wii”, que se vai a realizar o sábado 21 de xuño na Aula de Informátiva da OMIX. A este torneo poderanse apuntar rapaces/as a partires de 12 anos, estando aberto o prazo de inscrición ata o 20 de xullo.

Exit mobile version