Ás 6 da tarde terá lugar a estrea da obra “Fly Airways” a cargo das nenos e nenos que dende o mes de outubro estiveron a participar no curso de teatro impartido por Roberto Casas, oganizado polo colectivo barreirense. A continuación, ás 19:00h. actuará o grupo de adultos coa peza “Oé, oé, oé”, estreada o pasado 11 de xaneiro, data dende a cal foi levada a distintas parroquias do concello barreirense e outras do arredor.
Poderán asistir a estas actuacións todas as persoas que o desexen, e a entrada ás mesmas será totalmente gratuita, en agradecemento do Colectivo Cultural Ollomao ao Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia polo uso das instalacións do Canteiro de Benquerencia, antigas escolas da parroquia barreirense.